Busqueda Avanzada
Buscar en:
Título
Autor
Poesía
Todos
Ordenar por:
Mas recientes
Menos reciente
Más vistas
Defecto
Poema
Categoría: Amor

dificil olvidar...

O aeróstato pinchou
planeando
camiño de Compostela
e regresei a pacios
–o meu campo da estrela-,
faleiche de castelao
amor
e non me entendiches,
cónteiche caen bombas
sobre Bagdad, hai nenos
mortos, a centos,
e ti “qué pena, tan pequeñitos...”
e os segundos foron séculos,
chovían croios como metáforas,
mellor nin o toques,
baixo mínimos,
noqueado,
nada que facer,
ti a tese
eu a antítese (ou viceversa)
e sen posibilidade de síntese
e calo...
¡somos tan diferentes...!
Estando tan cerca
¡estamos tan distantes...!
...e rompín a chorar
e abandonei a idea
de volver a empezar...
Comesto da morriña,
a mirada asasina,
decadente, displicente,
desprovisto de significado...
Para non seguir asañándome
comigo, quero crer
que ti eres unha ordinaria,
unha persoa vulgar,
unha simplona, unha paifoca,
unha superficial, unha mediocre,
aduladora do prestixio convencional,
abstemia na cultura
(a túa cultura: “chiflada
por los trapitos”), carne de culebróns,
víbora, cotilla, cretina,
un feixe de toxos, unha xesta,
un rabaño de apatía (nada transgresora:
como il faut), insubstancial,
un xoguete infantil,
unha xudas contando as moedas
de prata (femme fatale, querendo
voar alto pero con chumbo nas alas),
unha pura sangue
da insensibilidade (a sensibilidade
na sola dos zapatos),un avión baleiro
tan triste coma unha fábrica
abandonada, unha aldea deshabitada
unha casa sen tellado,
unha funcionaria
deprimente e deprimida
a fotocopia dun paxaro
triste en tempo de inverno...
quero crer, quero pensar
nunha caravana de insultos,
quero nesta deriva...
¿Serás amor,
un largo adiós que no se acaba?
Acurralado como estás,
prepárate amigo
-a min mesmo falo-
para zarpar rumbo
ao misterioso mundo
daqueles
que aman sen ser amados,
esa escola compartida
por poetas malditos,
suicidas extramuros,
confidentes extraviados,
oblicuos, tépedos derrotados
da imposible permanencia do fado.
O que ben amas...Melancólica sombra
en góndola polas brétemas do Miño,
un fermoso ramo de lilas...
Datos del Poema
  • Código: 275100
  • Fecha: 26 de Agosto de 2006
  • Categoría: Amor
  • Media: 7.3
  • Votos: 517
  • Envios: 0
  • Lecturas: 10,308
  • Valoración:
Datos del Autor
Nombre: JOSE ESTEVEZ
País: DesconocidoSexo: Masculino
Fecha de alta: 18 de Agosto de 2006
Ver todas sus poesías
Comentarios


Al añadir datos, entiendes y Aceptas las Condiciones de uso del Web y la Política de Privacidad para el uso del Web. Tu Ip es : 3.135.200.233

0 comentarios. Página 1 de 0
Tu cuenta
Boletin
Estadísticas
»Total Poesias: 99,627
»Autores Activos: 4,260
»Total Comentarios: 47,522
»Total Votos: 9,266,099
»Total Envios 159,596
»Total Lecturas 142,892,756

© HGM Network S.L. || Términos y Condiciones || Protección de datos | Política de Cookies