Gaditanos non sei,
non sei que ganarei cos vosos lares,
Gaditanos non sei,
non sei que ganarei cos vosos cantares.
Cando deixo,
deixo os cantares da miña terriña,
cando deixo,
deixo os lares lonxe da miña casiña.
Cando me encontre lonxe de ti
cando por terra o mar no vexa,
sentirei añoranza por ti,
sentirei lembranza po la miña terra.
Correra po lo meu peito,
sangue galega,
correra po lo meu peito,
sangue que esta terra defenda.
Lonxe da miña Galicia,
lonxe dos meus añorados,
lonxe da miña terriña,
lonxe dos montes e prados.
Rompeuseme o corazón,
rompeuseme a miña ialma
o sentir lonxe a cancion,
o estar lonxe da musica da tua gaita.
Chorarei frente o mediterraneo
bagoas po lo noso cantabrico,
chorarei po la miña Coruña,
po lo seu porto po lo seus barcos.
Deixo nesta terra un corazón,
deixo nesta terra esta cancion,
Gaditanos, non sei que ganarei cos vosos lares,
Gaditanos, non sei que ganarei cos vosos cantares.