¿Como explicar este empeño, disfrazados a meta e os camiños, eu sen seguro de vida?
Talvez unha flor impide ver o bosque de espiños, talvez ignore eu os lapotes do código de signos (a linguaxe duns ollos con sabor a chicle, o siseo nuns pés de bailarina...)
¿Que dispositivo embarga o itinerario ao mundo novo, que semáforo, que porta, que cordón policial, que discurso enreda se o meu amor, humilde planeta, xira e xira ao teu redor?
¡Ai, os camiños do amor que a miúdo conducen ao calvario!...¡Canto eu non daría, miña prenda, por ser Pablo Neruda ou Pedro Salinas para celebrar caricias de poeta no ceo da túa boca!.
Bisoño no destino que conduce as horas, só teño dúas mans para acariciarte, dous ollos para beberte, labios encendidos para bicarte, pálpitos, avenidas de pálpitos, meu ben...
Yo quisiera ofrecerte el mundo y no puedo.
"CHAMEI-TE PARA ME PERDER NOS TEUS CAMINHOS" (Sophia de Mello)